jueves, 16 de agosto de 2007

Historia Do Club






O Sporting Pontenova é o referente deportivo por excelencia dentro do Concello de A Pontenova. Fundouse en 1979, militando nesa primeira tempada no Grupo Norte da Segunda Rexional.


O primeiro partido deste equipo disputouse o 23 de Setembro dese mesmo ano, contra o C.D. Santaballés. O "Campo de A Mina" inaugurouse o 7 de Outubro da misma campaña, durante as "Festas de San Lucas", ca disputa da cuarta xornada do campionato entre o Sporting Pontenova e o Argeriz, vencendo o equipo local por 2-1.
O Campo de Fútbol Municipal de "A Mina" ten unhas dimensións de 95 metros de largo por 55 de ancho, e conta con un par de bancadas, cada unha nunha banda á altura do círculo central.
O Sporting Pontenova ascendeu a Primeira Rexional no ano 1982, militando nesta ata o descenso a Segunda Rexional da tempada 93/94. Nas 2 campañas seguintes o equipo ascendeu a Primeira Rexional de novo e máis tarde a Rexional Preferente.
Tras varios anos na categoría, e na segunda fase de ascenso que disputaba o equipo, conseguiuse o ascenso a Terceira División na tempada 99/00. Nunca tan alto chegara o Sporting, sen embargo, despois dun ano nesta categoría, e dos dous seguintes en Rexional Preferente o equipo disolveuse ó finaliza-lo campionato 02/03.
Na tempada 04/05, a sociedade volveu a estructurarse gracias de novo á colaboración dos habitantes de A Pontenova, e contando cun total de 253 socios. Volvíase a empezar, pero cunha nova filosofía, tratar de crear un equipo con xente de A Pontenova e os seus arredores.
E conseguiuse, dado que ademais do equipo sénior, por primeira vez na historia, o Sporting Pontenova conta cun equipo de xuvenís, tamén formado por xente do pobo e das localidades veciñas. Logo, na temporada 05/06 creouse tamén un equipo Cadete que militou na liga local da Mariña, pero despareceria un ano despois por falta de xogadores.
O principal patrocinador é "Industrial Recense", e sin o seu apoio non se podería manter esta actividade de suma importancia para A Pontenova.

Nesta nova etapa do Sporting Pontenova respetáronse as cores orixinais do clube, o negro e o amarelo. Ambos equipos visten unha camiseta de bandas negras e amarelas, con pantalón negro e medias amarelas. Contan tamén cunha equipación suplente, que consta de camiseta branca, con bandas negras e vermellas nos hombreiros, e con iguais cores que a primeira equipación para os pantalóns e as medias.